O 8 de Marzo é o Día Internacional da Muller. Na nosa escola quixemos homenaxear nun día coma este a todas aquelas Mulleres que camiñan ao noso lado, son o noso apoio, guía e espello. Mulleres que nos dan calor cando o precisamos, nos consolan, animan e enchen os nosos días de ledicia e tenrura. Mulleres que sempre formarán parte da nosa vida e para nós son superpoderosas.
Esta é a nosa especial e sentida loubanza as mamás da nosa aula. Moitas gracias a todas!!!
Se pinchades na imaxe podedes acceder ao vídeo publicado en Cativadas do Irixo.
Gracias a vos 🥰🥰🥰
ResponderEliminar