NN

jueves, 29 de abril de 2021

HOXE VISITOUNOS: XOSÉ LUNA

 Hoxe tivemos a gran sorte de ter con nós no colexio, compatindo coas nenas e nenos de 2º de Primaria e máis coa profe Ana e María José, a XOSÉ LUNA SANMARTÍN, autor de entre outros libros, un que a nós nos gustou moitísimo "O LIBROS DOS BICOS".

Pasamos a mañá na súa compañía recitando  e inventando versos, bailando, degustando sabores, olores, bicos, apertas, vivencias... que traía desde a súa terra A Estrada. 

Foron moitas as sorpresas que nos tiña preparadas Xosé Luna, unha delas foi que tivemos a grande sorte de escoitar vía telefónica a Manoele de Felisa que nos agasallou cunha das cantigas que aparece no seu libro- disco "A ESTRADA DA VIDA".

E por se fora pouco nos regalou un corazón para levar colgado, no que aparecía o noso nome e unha palabra en galego, xa que a el lle gusta coleccionar palabras, moitas das cales poden levarse preto do corazón.

Querido Xosé Luna, foi un pracer terte na noso cole, achegácheste amodiño, co arume a mar e amosándonos a estrada da vida, e queremos dicirche:

Dende o abrente ata  o solpor,

apertas, Xosé, pereiriños e amor.

Esperamos verte de novo!!!💜💙💜💙








No hay comentarios:

Publicar un comentario