Onte festexamos no cole o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Xela Arias.
Unhas das moitas actividades que realizamos para esta conmemoración foi a elaboración dun rap sobre a lingua galega. Durante días estivemos a traballar nel, a letra, a música, o ritmo e sentir, ensaio tras ensaio que eramos auténticas e auténticos estrelas do rap.
Chegou o día, estabamos preparadas e preparados, pero tamén un pouco nerviosas e nerviosos, e como as pequenas estrelas que somos saímos ao medio da pista e démolo todo, facendo sentir aos demais a nosa enerxía e luz.
Como mestra teño que dicir que ano tras ano, pasando por moitas escolas, as cativas e cativos me sorpenden e me enchen coa súa xenerosidade, pero despois destas letras galegas vos digo miñas alumnas e meus alumnos que non podo estar máis orgullosa, gracias por darme e ensinarme tantas cousas bonitas.
Falemos galego!!! Así se titula o noso rap, se pinchades na imaxe podedes acceder e desfrutar todas e todos vós do vídeo que nos editou a profe Ana, moitas gracias profe por axudarnos e achegarnos tanto!!!!
Desfrutade da actuación como o fixemos nós en directo!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario