domingo, 27 de junio de 2021

SAÍDA AO FESTIVAL DE CINE

 O venres 18 de xuño saímos cara o cine de Leiro, a ver as curtametraxes do noso festival. 😎😎

Fomos todas e todos as nenas e os nenos de Infantil, coas profes Ana, María José, María Jesús e Nila, con moita ilusión e ganas de desfrutar dun día de cine.

Pasámolo moi ben e a volta posamos no noso photocall. Moitas gracias profe Ana polas imaxes e o vídeo.😍😍

Se pinchades nesta imaxe podedes ver o vídeo completo da viaxe e do photocall.



VÍDEO DESPEDIDA ALUMNAS E ALUMNOS DE 6º EI

 Nestes días finais tivemos que despedirnos das nosas amigas e amigos de 5 anos: Adam, Isaac, Rebeca, Tiago e Zoe, que pasan para a seguinte etapa.

No noso corazón e nos recordos quedarán aqueles momentos que pasamos con elas e eles, e esperamos poder atesourar moitas vivencias máis no noso cole.

Despedímonos tamén de Zoe, desexámoslle moita sorte e alegría no seu novo cole!!! 

Se pinchades  na imaxe podedes ver un  vídeo podedes coas experiencias vividas na nosa escola!!!!




FESTIVAL DE CINE: ENTREGA DE PREMIOS

 O último día de cole entregáronse os premios do noso festival de cine. De seguro que este ano foi difícil para o xurado e tiveron moito que deliberar xa que todas e todos merecíamos os premios.

Na nosa aula tivemos o gran honor de recibir o premio ao mellor actor secundario que caeu nas mans de Adam pola súa interpretación do Xabaril na Mellor Barbacoa do Mundo.

Noraboa ADAM polo teu premio!!!!

 Noraboa a todas e todos polo marabilloso traballo realizado!!!



FESTIVAL DE CINE CURTAMETRAXES

Nas últimas semanas de curso tivemos a sorte de poder ir ao cine a Leiro e poder desfrutar das curtametraxes feitas polo profesorado e alumnado do noso cole.

Para aquelas familias, nenas e nenos que non puidestes asistir aquí vos deixo os enlaces para que poidades velas e participar coma nós da cultura e o cine.

Empezamos como non, coa nosa curta: "A mellor barbacoa do mundo", unh adaptación do conto "A mellor sopa do mundo" de Susana Isern e Mar Ferreiro.


"La hormiguita Cacharito" da aula de 4º- 5º Infantil:

"Yo voy conmigo" do alumnado de 1º Educación Primaria:

"O elefante Comellón" do alumando de 2º Educación Primaria:

"La Tempestad" do alumnado de 3º- 4º de Eduación Primaria:

" A tía Lambida" do alumnado de 5º- 6º de Eduación Primaria:

Un grande aplauso para todas e todos!!!!!😍😍😍👋👋👋👋







PARABÉNS NOELA E ZOE

 Nos últimos días de curso festexamos na aula os aniversarios de NOELA e ZOE. Elas cumpren anos fóra do curso escolar, pero nós quixemos ter un día especial para as dúas.

Moitos parabéns para as dúas!!! Esperamos que teñades un días moi felices amigas!!!!😍😍😘😘











jueves, 17 de junio de 2021

IV FESTIVAL DE CINE

 TIC, TAC, TIC, TAC... Cada vez queda menos para a estrea do noso Festival de Cine. Mañá venres día 18 de Xuño, seremos as/ os primeiras/ primeiros, xunto coas nenas e nenos da aula de 3- 4 anos, en asistir ao cine de Leiro para ver as curtas da nosa escola. 

QUE EMOCIÓN!!! VIVA O CINE E A CULTURA SEGURAS!!!🎬🎭🎥






domingo, 13 de junio de 2021

ECLIPSE SOLAR

 O xoves día 10 de xuño puidemos desfrutar da observación dun eclipse solar. Descubrimos como a lúa tapaba nun anaco ao sol e desfrutamos co resto da escola dunha experiencia que de seguro recordaremos e que nos servirá para futuras observacións.🌞🌚🌔

Se pinchades na imaxe podedes ver o vídeo sobre esta actividade.



SAÍDA AO FESTIVAL DE CINE

  O venres 18 de xuño saímos cara o cine de Leiro, a ver as curtametraxes do noso festival. 😎😎 Fomos todas e todos as nenas e os nenos de ...