viernes, 26 de febrero de 2021

PARABÉNS IAN!!

 Hoxe festexamos o aniversario do noso compeñeiro e amigo Ian. Fixemos unha gran festa de Monsters Track, que son os seus preferidos. Pasámolo xenial!! Moitos parabéns para ti Ian, esperamos que tiveras un día cheo de moitas emocións!!! 😘😍🚙🚗





jueves, 18 de febrero de 2021

PARABÉNS EIRE!!!

 Hoxe celebramos o aniversario da nosa amiga e compañeira Eire. O luns 15 foi a data na que cumpriu os 5 anos e hoxe desfrutamos da festa no cole. Pasámolo xenial. Moitos parabéns Eire, desexámosche o mellor para ti!!!!🎈🎉🎊







martes, 16 de febrero de 2021

EXPLORADORAS E EXPLORADORES DO NOSO MONTE

 Durante as anteriores semanas estivemos a traer á escola obxectos realcionados co noso monte. As nosas compañeiras e os nosos compañeiros preguntáronnos sobre o que trouxemos, construíndo un diálogo entre todas e todos.

Se pinchades na seguinte imaxe podedes acceder ao vídeo sobre coas nosas pescudas e entrevistas.



lunes, 15 de febrero de 2021

FESTA DE ENTROIDO

 O pasado venres celebramos no cole unha festa de Entroido. Pasámolo moi ben, bailamos e desfrutamos das amigas e os amigos!!! 

Se pinchades na imaxe podedes ver un vídeo sobre o moito que nos gusta esta festa!!!

  QUE VIVA O ENTROIDO!!!



domingo, 14 de febrero de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 O 11 de febreiro foi celebrouse o día da muller e a nena na ciencia. Ese día  todas e todos nos convertemos en científicas e científicos, e aceptamos o reto da profe Ana. Fixemos un experimento: Neve artificial!!!⛄⛄

Moitas gracias profe Ana por achegarnos estas experiencias tan marabillosas!!! Estamos preparadas e preparados para un novo reto!!!

Se pinchades na seguinte imaxe podedes ver o vídeo do noso experimento publicado en Cativadas do Irixo.



ACTIVIDADE DE ENTROIDO

 Durante a semana de Entroido decoramos un antifaz a partir da actividade "Tira o dado e decora". Seguindo unhas indicacións, cada un de nós lanzou o seu dado, completando o antifaz con debuxos e diversos materiais  . Estas son as imaxes da nosa actividade entroideira!!!








SEMANA DE ENTROIDO

Chegou o venres e tiñamos que vir a escola disfrazados cun traxe espectacular!!!


Eleximos os nosos mellores traxes e así de espectaculares viñemos!!!


Foi un día xenial, pasámolo pipa e fixemos moitas fotos, non só a nosa clase senón tamén as demáis nenas e nenos do cole. Se pinchades na seguinte imaxe podedes velas, estábamos todas e todos impresionantes!!!








viernes, 12 de febrero de 2021

SEMANA DE ENTROIDO

 O xoves seica había que traer algo divertido na cabeza!!!

E así de divertidas e divertidos viñemos á escola!!!!


Como teremos que vir o venres?????




miércoles, 10 de febrero de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 Seguimos a coñecer mulleres importantes da ciencia e hoxe todas e todos fomos cosmonautas como Valentina Tereshkova!!!!🚀🚀🚀

Seguiremos pescudando, aínda nos queda moito por descubrir!!!


SEMANA DE ENTROIDO

 Seguimos a desfrutar e festexar o Entroido. Hoxe a manda da meca dicía que tiñamos que traer á escola algo no pescozo.

E así de elegantes aparecimos no cole!!!


Que nos tocará traer mañá?🎈🎉🎊




martes, 9 de febrero de 2021

SEMANA DE ENTROIDO

 Cal foi o mandiño de hoxe? Seica había que traer algo na cintura!!!

E así viñemos hoxe á escola!! Mirade que orixinais!!!



Que nos tocará traer mañá?🎉🎊




lunes, 8 de febrero de 2021

DIA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 O 11 de Febreiro celebrase o día internacional da muller e a nena na ciencia. Estes días estamos a investigar, sobre algunhas, das moitas mulleres que teñen e tiveron un papel crucial nas ciencias. 

Hoxe todas e todos fomos bioquímicas como Margarita Salas!!!! 

Seguiremos sendo curiosas e curiosos porque aínda nos queda moito por descubrir!!!

SEMANA DO ENTROIDO

 


Comezamos a semana de Entroido!! Unha festa para celebrar a risa e o humor! 
Os mandadiños da nosa meca nos din que temos que traer todos os días. Hoxe luns había que traer algo nos pés!!!
E así de divertidos e creativos viñeron os nosos pés á escola!!!


Que nos tocará traer mañá?







DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

 Durante a semana do 25 ao 29 de xaneiro estivemos a traballar a PAZ. O núcleo motivador foi a cantiga "Si en tu mundo no hay paz píntala" :



Así que para ter un mundo cheo de paz e con moitas cores, decidimos pintala!!

Estes vídeos son un pequeno exemplo do que fixemos!!!👍😍






lunes, 1 de febrero de 2021

PARABÉNS CRISTIAN!!!

 Hoxe celebramos o aniversario do noso compañeiro Cristian. Pasámolo fenomenal na súa festa. Moitos parabéns Cristian, desexamos todo o mellor para ti!!!! 😍🏆🎉🎈







SAÍDA AO FESTIVAL DE CINE

  O venres 18 de xuño saímos cara o cine de Leiro, a ver as curtametraxes do noso festival. 😎😎 Fomos todas e todos as nenas e os nenos de ...