Mostrando entradas con la etiqueta FESTIVAL DE CINE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta FESTIVAL DE CINE. Mostrar todas las entradas

domingo, 27 de junio de 2021

SAÍDA AO FESTIVAL DE CINE

 O venres 18 de xuño saímos cara o cine de Leiro, a ver as curtametraxes do noso festival. 😎😎

Fomos todas e todos as nenas e os nenos de Infantil, coas profes Ana, María José, María Jesús e Nila, con moita ilusión e ganas de desfrutar dun día de cine.

Pasámolo moi ben e a volta posamos no noso photocall. Moitas gracias profe Ana polas imaxes e o vídeo.😍😍

Se pinchades nesta imaxe podedes ver o vídeo completo da viaxe e do photocall.



FESTIVAL DE CINE: ENTREGA DE PREMIOS

 O último día de cole entregáronse os premios do noso festival de cine. De seguro que este ano foi difícil para o xurado e tiveron moito que deliberar xa que todas e todos merecíamos os premios.

Na nosa aula tivemos o gran honor de recibir o premio ao mellor actor secundario que caeu nas mans de Adam pola súa interpretación do Xabaril na Mellor Barbacoa do Mundo.

Noraboa ADAM polo teu premio!!!!

 Noraboa a todas e todos polo marabilloso traballo realizado!!!



FESTIVAL DE CINE CURTAMETRAXES

Nas últimas semanas de curso tivemos a sorte de poder ir ao cine a Leiro e poder desfrutar das curtametraxes feitas polo profesorado e alumnado do noso cole.

Para aquelas familias, nenas e nenos que non puidestes asistir aquí vos deixo os enlaces para que poidades velas e participar coma nós da cultura e o cine.

Empezamos como non, coa nosa curta: "A mellor barbacoa do mundo", unh adaptación do conto "A mellor sopa do mundo" de Susana Isern e Mar Ferreiro.


"La hormiguita Cacharito" da aula de 4º- 5º Infantil:

"Yo voy conmigo" do alumnado de 1º Educación Primaria:

"O elefante Comellón" do alumando de 2º Educación Primaria:

"La Tempestad" do alumnado de 3º- 4º de Eduación Primaria:

" A tía Lambida" do alumnado de 5º- 6º de Eduación Primaria:

Un grande aplauso para todas e todos!!!!!😍😍😍👋👋👋👋







jueves, 17 de junio de 2021

IV FESTIVAL DE CINE

 TIC, TAC, TIC, TAC... Cada vez queda menos para a estrea do noso Festival de Cine. Mañá venres día 18 de Xuño, seremos as/ os primeiras/ primeiros, xunto coas nenas e nenos da aula de 3- 4 anos, en asistir ao cine de Leiro para ver as curtas da nosa escola. 

QUE EMOCIÓN!!! VIVA O CINE E A CULTURA SEGURAS!!!🎬🎭🎥






SAÍDA AO FESTIVAL DE CINE

  O venres 18 de xuño saímos cara o cine de Leiro, a ver as curtametraxes do noso festival. 😎😎 Fomos todas e todos as nenas e os nenos de ...