martes, 29 de diciembre de 2020

CONTO E CANTIGA DE NADAL COA PROFE ANA

 Coa nosa profe de música Ana estivemos a desfrutar da escenificación dun conto e unha panxoliña de Nadal. Moitas gracias profe!!!!



UNHA HISTORIA DE RAIÑAS

 As nosas profes María José e Raquel contáronnos a historia "¿Dónde están las reinas de oriente?, un marabilloso conto de Nadal que nos gustou moito. Moitas gracias profes e Bo Nadal!!!







AQUÍ JUGAMOS TODOS

 


O día internacional da discapacidade coas nosas profes María José e Teresa traballamos a creación de personaxes/ monicreques a partir do conto "Aquí jugamos todos". Moitas gracias profes!!!




miércoles, 23 de diciembre de 2020

FIN DE TRIMESTRE

 CHEGOU O FINAL DO PRIMEIRO TRIMESTRE, DUN CURSO, QUE COMEZOU CON MOITAS DÚBIDAS E NOVAS NORMAS, PERO COA MESMA ILUSIÓN DE TODOS OS ANOS.  A NOSA ANDAINA POLO CAMIÑO DO COÑECEMENTO E DA AVENTURA DIARIA, CONTINÚA E SEGUE PASIÑO A PASIÑO, DÁNDONOS GRANDES ALEGRÍAS, XA QUE TRABALLANDO TODAS E TODOS XUNTAS/ XUNTOS CONSEGUIREMOS UN MUNDO MÁIS ADAPTADO A NÓS. QUERO DESEXARVOS A TODAS E TODOS: ALUMNAS/ ALUMNOS, NAIS E PAIS UN FELIZ NADAL E OS MELLORES DESEXOS PARA O NOVO ANO. SAÚDOS MIÑAS QUERIDAS ESTRELIÑAS. 

VÉMONOS EN XANEIRO😘😘😘✨✨✨






miércoles, 9 de diciembre de 2020

FOLLIÑAS DE OUTONO

En Outono o noso patio da escola está cheo de follas que caen das árbores. Recollimos unha poucas e fixemos esta manualidade.🍂🍁🍂🍁



 

martes, 8 de diciembre de 2020

PARABÉNS TIAGO!!!

 Comezamos o mes de Decembro co aniversario de Tiago. Desfruta de moita diversión, sonrisos e agarimos pequerecho. Moitos parabéns!!!💚💚


Seguimos sen compartir pastel, pero as compis sempre teñen algunha idea chula e nos agasallan cun feito no recanto da cociña, ademais dun libriño feito por todas e todos!!!






NEVE NO COLE!!!!

 O venres nevou no Irixo. Por fin puidemos colocar unha marquiña na neve do rexistro do tempo metereolóxico nas rutinas da aula!!!!

Non pudemos resistirnos e saímos, moi abrigados, un ratiño a xogar coas folerpas, tamén sacamos a Macareno para que desfrutara con nós deste acontecemento, que anuncia o fin do Outono. ⛄⛄⛄



A MALETA DOS SOÑOS

 Chegou a nosa aula a "maleta dos soños". Apareceu na porta, non sabemos quen a trae, pero cando ben sempre é unha sorpresa. 💗💗


Dentro apareceu unha carta de Papá Noel, onde nos pide que coidemos do Reno Macareno e que lle ensinemos a comportarse. Macareno é un pouco fedello, e as veces, escóndese pola aula e descoloca as nosas cousas. Pouco a pouco ensinámoslle as normas de comportamento para que así teña agasallos no Nadal. 🎅🎄🎇


AS NOSAS CONSTELACIÓNS

Despois de ver as diferentes constelacións, e descubrindo que as estrelas forman figuras imaxinarias, creamos as nosas propias por equipos. 🌟🌟 


Despois puxémoslle nome e así nos quedaron🚀🚀


APRENDENDO NÚMEROS

Traballamos os números na aula coa recta numérica, conteo e escritura.  








XOGANDO CO OUTONO

 Desfrutamos dos últimos días do Outono no patio do colexio.🌂




SAÍDA AO FESTIVAL DE CINE

  O venres 18 de xuño saímos cara o cine de Leiro, a ver as curtametraxes do noso festival. 😎😎 Fomos todas e todos as nenas e os nenos de ...