domingo, 31 de enero de 2021

CONTA ATRÁS NAS RUTINAS DIARIAS

 Unha das tarefas do encargado e facer a conta atrás das nenas e nenos que están no cole. Queredes ver como o fan? Aquí vos deixamos uns vídeos!!🚀🚀🚀





EXPLORAMOS O NOSO MONTE

Convertémonos en exploradoras e exploradores do noso Monte. Estamos a empezar e durante estes días fumos traendo das nosas casas, contorna... elementos que podemos atopar no noso monte. Neste vídeo podedes ver o que levamos explorado!!!💚💚🌲🌳🐾🐾





















domingo, 24 de enero de 2021

VISITA DE ROSA CERDEIRA

 Este xoves 21, tivemos a sorte de recibir no colexio a visita de Rosa Cerdeira, autora do libro "Diario de Pepe, Diario de un confinamiento", historia cuxo protagonista é o noso querido amigo Pepe da aula de 3 anos. 

Na nosa aula limos algúns dos capítulos do libro, falamos sobre as nosas experiencias neses momentos, do que sentimos e de como recordamos aqueles días nos que non podíamos saír a rúa, pero estabamos coa nosa familia compartindo, xogando, falando, traballando, sentindo...

Queremos dárlle as gracias por vir ata onde nós, por atendernos con tanta amabilidade e dulcura, por contestar as nosas preguntas,  por regalarnos para o recordo un día tan especial, e polo agasallo en forma de placa de poli, que nos encantou e fixo moita ilusión, así que a puxemos e posamos coma polis.

Graciñas Rosa!!! Esperamos con moita agarimo un próximo libro!!!

Se clicades na primeira foto podedes ver a reportaxe feita para o blog de biblioteca.









DIA DAS APERTAS

 O xoves 21 de xaneiro foi o día das apertas. Este ano, tal e como nos contan Ourizo e Tartaruga, na historia "Hasta que podamos abrazarnos", temos que manifestar as/ os nosas/ nosos amigas/ amigos que os queremos moito pero sen tocarnos, polo que estamos a aprender diferentes maneiras de facerlles sentir que nos importan. Xa vos iremos contando noutras publicacións como imos a facelo, pero nesta vos queremos mandar a todas e todos unha grande aperta a dist
ancia. Apertas mil!!!!!💗💗💗


Déixovos este enlace para poder ver o vídeo- conto: "Hasta que podamos abrazarnos"


MESA DE LUZ

 Esta semana visitamos a biblioteca do noso cole para experimentar coa mesa de luz e as formas xeométricas. 



DIA DA PAZ

 Esta semana coas profes María José e Raquel estivemos a traballar o que significa a paz e fixemos unha pomba usando as nosas mans. Moitas gracias profes por ensinarnos tantas cousas!!!





lunes, 11 de enero de 2021

PARABÉNS ISAAC!!

 Hoxe festexamos o aniversario do noso compañeiro Isaac. Gozamos con el da súa ledicia e gana por compartir con todas e todos nós o seu día. Moitos parabéns Isaac e que sexas moi feliz. 








SAÍDA AO FESTIVAL DE CINE

  O venres 18 de xuño saímos cara o cine de Leiro, a ver as curtametraxes do noso festival. 😎😎 Fomos todas e todos as nenas e os nenos de ...