Na aula estivemos a falar sobre as actitudes violentas, como nos gustarían que nos trataran, que facer para evitar a violencia contra as/ os demais, facer que a convivencia sexa harmoniosa. As palabras que nos fan sentir ben e cales mal, procurando usar sempre as que nos agradan. En definitiva axudarnos e respectarnos todas e todos.
Escoitamos a historia de "Arturo e Clementina" contada polas nosas profes, e despois vimos un vídeo, onde nos ensinan a importancia de pensar nas/ nos demais e non infravalorar os desexos, ideas e sentimentos de ninguén.
E como non, enchemos a aula de cor violeta, non queremos violencia!!!!