domingo, 30 de mayo de 2021

CONTOS NO PATIO

Durante estas semanas e aproveitando o bo tempo, a profe Luz, contanos moitas historias no patio da escola.
Nese momento desfrutamos dunha lectura ao aire libre, que nos gusta moito, levando os libros fóra da biblioteca a descubrir outros espazos da nosa escola e escoitando as historias que nos contan nun ambiente sonoro primaveral. 
Moitas gracias profe Luz !!!😘😘





CONTACONTOS: DÍA DO CELÍACO

 Este xoves 27 de maio celebrouse o Día do Celíaco, gracias a dúas representantes da asociación: Gloria e Damaris, o alumnado da nosa escola puido coñercer algo máis sobre este tema dun xeito ameno e participativo.

Na nosa aula estivo Gloria quen a través dunha historia dos Bolechas nos ensinou que lles pasa as persoas celíacas e que alimentos poden tomar.

Se pinchades nesta imaxe podedes acceder ao vídeo e ver cantas cousas aprendemos!!

Moitas gracias!!!!😍😍




domingo, 23 de mayo de 2021

AS NOSAS EXPERIENCIAS

 Todos os días facemos a asemblea, nela comentamos cousas que nos suceden, experiencias, acontecementos importantes... debatimos e preguntamos sobre diferentes situacións.

Na asemblea do venres Sofía falounos dalgo que lle pasou a súa cadeliña. Se queredes saber máis sobre a  historia, non vos perdades o vídeo!!!!😍😍



jueves, 20 de mayo de 2021

CAMPAÑA SOLIDARIA: RECOLLIDA DE PENSO E MÓBILES

 Que marabilla!! Seguimos recibindo máis doazóns de penso e móbiles, desta vez trouxo penso Ian e un móbil Noela:

Moitísimas gracias!!! Seguiremos adiante!!!😍😍😘😘





miércoles, 19 de mayo de 2021

CAMPAÑA SOLIDADARIA: RECOLLIDA DE PENSO E MÓBILES

 Que ben!!! Seguimos a subir os marcadores de Kilos de penso e de número de móbiles doados polas familias,  nenas e nenos do cole!!!

Hoxe trouxo penso Isaac, na xornada de onte Daniela donou penso e móbil, Eire e Adam trouxeron penso.

Moitas gracias a todas e todos!!! 😍😍😍😍😘😘😘😘








lunes, 17 de mayo de 2021

UN AGASALLO ESPECIAL

A semana pasada tivemos unha gran sorpresa na aula, a profe Ana nos trouxo un agasallo moi especial, feito por ela, con todo o seu agarimo.

Gustounos tanto, que estivemos a xogar con el con moito coidado, e despois recollémolo para levalo con nós para as nosas casas e seguir desfrutando del.

Moitas gracias profe Ana por estes agasallos tan especiais, por todo o que nos achegas e nos fan sentir!!!💜💗💚💙






O NOSO CULTIVO

 As sementes que plantamos hai uns meses xa xerminaron, agora chegou o momento de plantalas no carriño para levalas ao noso horto.

Temos que seguir coidando delas, a ver se podemos recoller algunha colleita!!!!🍀🌼🌻🌺





LETRAS GALEGAS

 Con motivo das Letras Galegas, lemos na aula o relato que Xela Arias escribiu cando só tiña 11 anos e co que gañou o seu primeiro premio do VI concurso de contos infantís O Facho de A Coruña: "A fraga dos paxaros faladores e a fraga Leopardicia".

A partir del debuxamos os nosos paxaros faladores, ao que lles puxemos voz con palabras en galego.

Mirade chula nos quedou a actividade!!!



jueves, 13 de mayo de 2021

LETRAS GALEGAS

 Onte festexamos no cole o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Xela Arias. 

Unhas das moitas actividades que realizamos para esta conmemoración foi a elaboración dun rap sobre a lingua galega. Durante días estivemos a traballar nel, a letra, a música, o ritmo e sentir, ensaio tras ensaio que eramos auténticas e auténticos estrelas do rap.

Chegou o día, estabamos preparadas e preparados, pero tamén un pouco nerviosas e nerviosos, e como as pequenas estrelas que somos saímos ao medio da pista e démolo todo, facendo sentir aos demais a nosa enerxía e luz.

Como mestra teño que dicir que ano tras ano, pasando por moitas escolas, as cativas e cativos me sorpenden e me enchen coa súa xenerosidade, pero despois destas letras galegas vos digo miñas alumnas e meus alumnos que non podo estar máis orgullosa, gracias por darme e ensinarme tantas cousas bonitas. 

Falemos galego!!! Así se titula o noso rap,  se pinchades na imaxe podedes acceder e desfrutar todas e todos vós do vídeo que nos editou a profe Ana, moitas gracias profe por axudarnos e achegarnos tanto!!!!

Desfrutade da actuación como o fixemos nós en directo!!!



Ademais neste día puidemos gozar e ver as marabillosas actuacións do resto das nenas e nenos do noso cole que tamén fixeron o seu rap e interpretaron "Contos ao teléfono" libro traducido por Xela Arias, estas están publicadas no blog da biblioteca e podedes acceder a ela clicando neste enlace:

Feliz día das letras!!!






martes, 11 de mayo de 2021

CAMPAÑA SOLIDARIA: RECOLLIDA DE PENSO E MÓBILES

 Que guai!!! Temos moitas máis doazóns de penso e móbiles!!!

O venres Noela trouxo penso para os cans:


E esta mañá tivemos as aportacións de Nikolás, Zoe e Sofía:

Moitas gracias a todas e todos!!! 😍😍😍😍








lunes, 10 de mayo de 2021

AUDIO- CUENTO: SIEMBRA UN BESO

La historia comienza así: una pequeña sembró un beso.😘

¿ Os imaginais que se pudieran sembrar los besos?😘

 ¿Cuántos sembraríais? ¿Qué haríais con la cosecha de besos? 😘

Si pinchais en la imagen podeis ver el audio- cuento que realizamos en colaboración con la profe María José para la hora de leer.

¿Os animais a sembrar el vuestro?😘
Gracias profe María José por sembrar con nosotros besos e ilusiones!!!!💗



CAMPAÑA SOLIDARIA: RECOLLIDA DE PENSO E MÓBILES

 Que ben!!! Seguen chegando moitas doazóns de penso e móbiles. Hoxe Eire e máis Cristian trouxeron penso e un móbil para solidarizarse coa campaña.


Moitas gracias!!!! Seguimos sumando máis quilos!!!!😍😍😘😘


domingo, 9 de mayo de 2021

CAMPAÑA SOLIDARIA: RECOLLIDA DE PENSO E MÓBILES

 Un ano máis demos comezo a semana pasada e ata o 21 de xuño, a campaña solidaria de doazón de penso para cans, para a protectora Arume, e de recollida de móbiles en colaboración coa campaña "Movilízate por la Selva" inciativa do instituto Jane Goodall

Toda a información sobre estas inciativas podemos atopala no blog Cativadas do Irixo, onde se nos achega de xeito riguroso o por que, e a importancia de sensibilizar e dar a coñecer ao noso alumnado e familias, o xeito de colaborar e axudar a estas causas que tanto o necesitan.

Se pinchades no seguinte enlace podedes acceder a dita información: 

https://cativadasdoirixo.blogspot.com/2021/05/campana-solidaria-recollida-de-penso-e.html

Na nosa aula a primeira en facer a súa achega foi Rebeca:


Moitas gracias por colaborar!!!!😍😍



viernes, 7 de mayo de 2021

XORNADAS DE SENSIBILIZACIÓN E PREVENCIÓN

 Este mércores día 5 a Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade de Ourense (DISCAFIS- COGAMI), achégouse ao noso cole para levar a cabo unha xornada de sinsibilización e prevención.

Na nosa aula traballaron este tema a través dun conto facendo partícipes as nenas e nenos, sobre a necesidade de adaptar e mellorar a accesibilidade e o mundo as persoas con dificultades.

Se pinchades nesta imaxe podedes acceder ao vídeo sobre esta actividade tan chula.

Moitas gracias Delfín e Tati por facernos pasar unha xornada tan agradable e na que aprendimos moitas cousas!!!! 💗💗



miércoles, 5 de mayo de 2021

ASÍ ES MI CORAZÓN

 Esta é unha actividade que realizamos coa profe María José na hora de ler, o noso propio corazón para levar colgado. Moitas gracias profe por facernos soñar e espertar a nosa imaxinación!!!!💙💚💛💜💓



martes, 4 de mayo de 2021

A CAIXA DOS BICOS

 Mirade que actividade máis chula fixemos coa profe María José na hora de ler!!!! Moitas gracias profe por traernos estas experiencias tan fermosas!!!💜💚💙💛💓



domingo, 2 de mayo de 2021

O MAIO

 O venres día 30 de abril, estivemos a mergullarnos na nosa tradición e costumes a través da actividade da creación dun maio e as diferentes copras que intepretadas, pola nenas e nenos do noso cole, acompañaron nun día cheo de ledicia e festa.

Durante toda a semana gracias a colaboración conxunta das familias, nenas  e nenos, mestres e mestras, demos forma ao noso maio e gozamos de momentos e vivencias que de seguro que recordaremos co paso do tempo. 

As tradicións tanto da zona como do resto da provincia e comunidade fai que as nenas e nenos recoñezan como seu e para elas e eles moitas das costumes e festas que durante anos nos acompañaron aos maiores, e que descubran o seu contorno, para poder sentir que forman parte del.

Se pinchades na primeira foto podedes acceder á publicación feita en Cativadas do Irixo, onde ataparedes un vídeo coas imaxes da elaboración do maio. Ao pinchar na segunda foto veredes as coplas que con tanto coidado e entusiasmo preparon as nenas e nenos, en colaboración coas mestras e mestres.


A continuación deixo o poema de Manuel Curros Enríquez titula do O Maio en Aire da Miña Terra:

Aí vén o maio
de frores cuberto ...
Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.

Pasai, rapaciños,
calados e quedos;
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sonvos o probe
do pobo gallego:
pra min non hai maio,
pra min sempre é inverno! ...

Cando eu me atopare
de donos liberto
i o pan non me quiten
trabucos e préstemos,
e como os do abade
frorezan meus eidos,
chegado habrá estonces
o maio que eu quero ...

Queredes castañas
dos meus castiñeiros? ...
Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos;
un maio sin segas,
usuras nin preitos,
sin quintas, nin portas,
nin foros, nin cregos.





SAÍDA AO FESTIVAL DE CINE

  O venres 18 de xuño saímos cara o cine de Leiro, a ver as curtametraxes do noso festival. 😎😎 Fomos todas e todos as nenas e os nenos de ...