Mostrando entradas con la etiqueta RETOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta RETOS. Mostrar todas las entradas

miércoles, 31 de marzo de 2021

MOITAS GRACIAS A TODAS E TODOS

 QUERIDAS VECIÑAS MOLONAS E VECIÑOS MOLÓNS: 

QUEREMOS DARVOS AS GRACIAS POR PARTICIPAR NO NOSO PRIMEIRO RETO: "BAILA CON LA ESCOBA".

 PARA NÓS FOI TODA UNHA SORPRESA VER COMO ESTE PROXECTO SE ESPALLABA POR TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA, XA QUE FOSTES MOITAS E MOITOS OS QUE VOS ATREVESTES A FACELO, TANTO DIANTE DUNHA CÁMARA COMO POR DETRÁS BAILANDO NA NOSA ESCOLA. 

QUEREMOS TAMÉN DAR AS GRACIAS Á PROFE ANA, XA QUE A TRAVÉS DO BLOG CATIVADAS DO IRIXO ABRIU UNHA XANELA OU BALCÓN, NO QUE VOS PUDESTES ASOMAR PARA FACER VISIBLE O VOSO TRABALLO NESTE RETO. 

PODEMOS DICIR QUE NOS SENTIMOS MOI ORGULLOSAS E ORGULLOSOS, E QUE PEGAMOS O CARTAZ DE RETO CONSEGUIDO. 

ESTE VÍDEO É PARA VÓS, UN RESUMO DO VOSO ESFORZO, E A NOSA MANEIRA DE MANDARVOS UN: MOITÍSIMAS GRACIAS!!!!!

💙💚💛💜💓




martes, 9 de marzo de 2021

PRIMEIRO RETO

 Queridos profes, nenas e nenos: 

Como xa sabedes estivemos a ler o "Diario de Pepe, diario de un confinamiento". 

Unha das hitorias que  nos chamou a atención foi cando Pepe e a súa familia, nun deses días nos que estabamos na casa, sairon  ao balcón e un veciño molón lle dedicou para que bailara a canción "Pepe baila con la escoba".

Estivemos a buscar esa canción por internet e descubrimos que aparecía con varios dos nosos nomes, así que estivemos a bailala. 

Non apareceron todos os nomes pero bailamos igual buscando por nena ou neno. 

Pasamos un momento máxico e moi divertido!!!

Despois ocorréusenos un reto para todo o cole. Estivemos a preparalo e cando Rosa Cerdeira veu a falar con nós sobre o libro, comentámoslle o que estábamos a argallar e pareceulle unha idea moi divertida e interesante.

Por iso se pinchades na imaxe podedes acceder ao vídeo do reto, animádevos a facelo e a pasalo ben!!!

Queremos ser as vosas veciñas e veciños molonas e molóns da aula de 4- 5 anos!!!! 






SAÍDA AO FESTIVAL DE CINE

  O venres 18 de xuño saímos cara o cine de Leiro, a ver as curtametraxes do noso festival. 😎😎 Fomos todas e todos as nenas e os nenos de ...