Mostrando entradas con la etiqueta VISITAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta VISITAS. Mostrar todas las entradas

domingo, 30 de mayo de 2021

CONTACONTOS: DÍA DO CELÍACO

 Este xoves 27 de maio celebrouse o Día do Celíaco, gracias a dúas representantes da asociación: Gloria e Damaris, o alumnado da nosa escola puido coñercer algo máis sobre este tema dun xeito ameno e participativo.

Na nosa aula estivo Gloria quen a través dunha historia dos Bolechas nos ensinou que lles pasa as persoas celíacas e que alimentos poden tomar.

Se pinchades nesta imaxe podedes acceder ao vídeo e ver cantas cousas aprendemos!!

Moitas gracias!!!!😍😍




viernes, 7 de mayo de 2021

XORNADAS DE SENSIBILIZACIÓN E PREVENCIÓN

 Este mércores día 5 a Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade de Ourense (DISCAFIS- COGAMI), achégouse ao noso cole para levar a cabo unha xornada de sinsibilización e prevención.

Na nosa aula traballaron este tema a través dun conto facendo partícipes as nenas e nenos, sobre a necesidade de adaptar e mellorar a accesibilidade e o mundo as persoas con dificultades.

Se pinchades nesta imaxe podedes acceder ao vídeo sobre esta actividade tan chula.

Moitas gracias Delfín e Tati por facernos pasar unha xornada tan agradable e na que aprendimos moitas cousas!!!! 💗💗



jueves, 29 de abril de 2021

HOXE VISITOUNOS: XOSÉ LUNA

 Hoxe tivemos a gran sorte de ter con nós no colexio, compatindo coas nenas e nenos de 2º de Primaria e máis coa profe Ana e María José, a XOSÉ LUNA SANMARTÍN, autor de entre outros libros, un que a nós nos gustou moitísimo "O LIBROS DOS BICOS".

Pasamos a mañá na súa compañía recitando  e inventando versos, bailando, degustando sabores, olores, bicos, apertas, vivencias... que traía desde a súa terra A Estrada. 

Foron moitas as sorpresas que nos tiña preparadas Xosé Luna, unha delas foi que tivemos a grande sorte de escoitar vía telefónica a Manoele de Felisa que nos agasallou cunha das cantigas que aparece no seu libro- disco "A ESTRADA DA VIDA".

E por se fora pouco nos regalou un corazón para levar colgado, no que aparecía o noso nome e unha palabra en galego, xa que a el lle gusta coleccionar palabras, moitas das cales poden levarse preto do corazón.

Querido Xosé Luna, foi un pracer terte na noso cole, achegácheste amodiño, co arume a mar e amosándonos a estrada da vida, e queremos dicirche:

Dende o abrente ata  o solpor,

apertas, Xosé, pereiriños e amor.

Esperamos verte de novo!!!💜💙💜💙








domingo, 24 de enero de 2021

VISITA DE ROSA CERDEIRA

 Este xoves 21, tivemos a sorte de recibir no colexio a visita de Rosa Cerdeira, autora do libro "Diario de Pepe, Diario de un confinamiento", historia cuxo protagonista é o noso querido amigo Pepe da aula de 3 anos. 

Na nosa aula limos algúns dos capítulos do libro, falamos sobre as nosas experiencias neses momentos, do que sentimos e de como recordamos aqueles días nos que non podíamos saír a rúa, pero estabamos coa nosa familia compartindo, xogando, falando, traballando, sentindo...

Queremos dárlle as gracias por vir ata onde nós, por atendernos con tanta amabilidade e dulcura, por contestar as nosas preguntas,  por regalarnos para o recordo un día tan especial, e polo agasallo en forma de placa de poli, que nos encantou e fixo moita ilusión, así que a puxemos e posamos coma polis.

Graciñas Rosa!!! Esperamos con moita agarimo un próximo libro!!!

Se clicades na primeira foto podedes ver a reportaxe feita para o blog de biblioteca.









SAÍDA AO FESTIVAL DE CINE

  O venres 18 de xuño saímos cara o cine de Leiro, a ver as curtametraxes do noso festival. 😎😎 Fomos todas e todos as nenas e os nenos de ...