Este xoves 21, tivemos a sorte de recibir no colexio a visita de Rosa Cerdeira, autora do libro "Diario de Pepe, Diario de un confinamiento", historia cuxo protagonista é o noso querido amigo Pepe da aula de 3 anos.
Na nosa aula limos algúns dos capítulos do libro, falamos sobre as nosas experiencias neses momentos, do que sentimos e de como recordamos aqueles días nos que non podíamos saír a rúa, pero estabamos coa nosa familia compartindo, xogando, falando, traballando, sentindo...
Queremos dárlle as gracias por vir ata onde nós, por atendernos con tanta amabilidade e dulcura, por contestar as nosas preguntas, por regalarnos para o recordo un día tan especial, e polo agasallo en forma de placa de poli, que nos encantou e fixo moita ilusión, así que a puxemos e posamos coma polis.
Graciñas Rosa!!! Esperamos con moita agarimo un próximo libro!!!
Se clicades na primeira foto podedes ver a reportaxe feita para o blog de biblioteca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario