jueves, 29 de abril de 2021

HOXE VISITOUNOS: XOSÉ LUNA

 Hoxe tivemos a gran sorte de ter con nós no colexio, compatindo coas nenas e nenos de 2º de Primaria e máis coa profe Ana e María José, a XOSÉ LUNA SANMARTÍN, autor de entre outros libros, un que a nós nos gustou moitísimo "O LIBROS DOS BICOS".

Pasamos a mañá na súa compañía recitando  e inventando versos, bailando, degustando sabores, olores, bicos, apertas, vivencias... que traía desde a súa terra A Estrada. 

Foron moitas as sorpresas que nos tiña preparadas Xosé Luna, unha delas foi que tivemos a grande sorte de escoitar vía telefónica a Manoele de Felisa que nos agasallou cunha das cantigas que aparece no seu libro- disco "A ESTRADA DA VIDA".

E por se fora pouco nos regalou un corazón para levar colgado, no que aparecía o noso nome e unha palabra en galego, xa que a el lle gusta coleccionar palabras, moitas das cales poden levarse preto do corazón.

Querido Xosé Luna, foi un pracer terte na noso cole, achegácheste amodiño, co arume a mar e amosándonos a estrada da vida, e queremos dicirche:

Dende o abrente ata  o solpor,

apertas, Xosé, pereiriños e amor.

Esperamos verte de novo!!!💜💙💜💙








TEATRO: AS FABAS MÁXICAS

Este mércores 28 puidemos gozar na aula en streaming e tamén en lingua de signos, da obra de títeres/ actor "As fabas máxicas" de Caramuxo Teatro, ofertada pola Afundación.

Este ano é un ano diferente non puidemos ir a vela ao teatro, pero puidemos desfrutar igual na aula deste espectáculo de títeres que nos achegou unha nova versión do coñecido conto infantil Xan e as fabas máxicas. 

Estivemos todas e todos moi atentos e gustounos un montón!!!💓😍





domingo, 25 de abril de 2021

23 ABRIL: DÍA DO LIBRO

 O venres 23 de Abril, con motivo do Día do Libro, participamos das actividades achegadas  na nosa I Feira do Libro.

Ademais de facer o intercambio de vale por libro, tivemos a sorte de escoitar unha das historias de "Don Quijote" de Miguel de Cervantes e participar nun sorteo entre todas e todos os participantes da doazón de libros.

Moitas gracias a todas e todas por colaborar nesta primeira feira, que esperemos que se faga extensible por moitos anos máis.

Se pinchades nesta imaxe podedes acceder ao vídeo publicado en Cativadas do Irixo, onde aparece un resumo do que foi a xornada.


O gañador do sorteo na nosa aula foi: Isaac. Parabéns!!!




martes, 20 de abril de 2021

I FEIRA DO LIBRO

 Con motivo do día do libro na nosa escola preparamos a "Primeira feira do libro". 

Esta actividade parte da idea de que os libros deben viaxar a moitos lugares e ser lidos polo maior número de nenas e nenos, para que as súas historias cheguen e emocionen ao maior número de lectoras e lectores, dado que partimos do sentimento de que son algo vivo que se nutre da lectura e mirada atenta de todas e todos. 

Por todo isto, cada unha e un de nós trouxemos un libro da nosa casa para trocar por outro, facendo que se movan dun lugar a outro.

A nosa feira do libro xa está en marcha!!!! E todo gracias as achegas de libros de todas e todos vós!!!! 

Durante estes días non vos esquezades de pasar por ela e descubrir cal é o que vos gustaría levar como cambio para as vosas casas!!! 📖📖




CHEGOU A PRIMAVERA AO NOSO COLE!!

 Coa chegada da primavera, na escola puxemos en marcha gracias a iniciativa da profe Ana un pequeno pero grande, cheo de sementes de ilusións e esforzo horto escolar.

Tentamos entre todas e todos crear un espazo no que descubrir e experimentar sensacións e experiencias novas, e no que realizar esas actividades que tanto nos gustan ao aire libre. No blog de cativadas do irixo podedes ver unha publicación onde se amosa como pouco a pouco ese espazo foi mudando ata converterse no noso pequeno recuncho onde poder descubrir e facer da nosa aprendizaxe algo máis significativa e emocionante para nós.

Se pinchades na imaxe podedes acceder á publicación feita no blog cativadas do irixo.


Gracias á achegas das familias que desde casa fostes enviando diferentes sementes, xa temos as primeiras plantiñas asomando para ser transplantadas no noso horto.

Que descubrimento!!!! Ver como pouco a pouco as sementes van crecendo!!!🌼🌻




jueves, 8 de abril de 2021

COCIÑANDO NAS VACACIÓNS

 QUERIDAS FAMILIAS, NENAS E NENOS: 

VELAQUÍ UNHA NOVA RECEITA QUE NOS ACHEGA SOFÍA, QUEN NOS OFRECE DE MENÚ UNHA GALLETA XIGANTE.

TOMADE BEN NOTA DOS PASOS A SEGUIR, PORQUE DE SEGURO QUE ESTARÁ MOI SABOROSA, PARA CHUPARSE OS DEDOS!!!🍴🍴😍😍

SE PINCHADES NA IMAXE PODEDES VER O VÍDEO DESTA RECEITA.

MOITÍSIMAS GRACIAS SOFÍA E FAMILIA!!!


 

miércoles, 7 de abril de 2021

COCIÑANDO NAS VACACIÓNS

QUERIDAS FAMILIAS, NENAS E NENOS:

AS COCIÑEIRAS ARI E EIRE OFRÉCENNOS DE MENÚ TORRIJAS, UNHA SABOROSA RECEITA QUE ELABORARON PARA O RETO DE COCIÑA.

TOMADE BEN NOTA DE TODO OS PASOS A SEGUIR PORQUE DE SEGURO QUE ESTÁN MOI RICAS, PARA CHUPAR TODOS OS DEDOS!!!🍴🍴😍😍

MOITÍSIMAS GRACIAS ARI, EIRE E FAMILIA!!!


martes, 6 de abril de 2021

PARABÉNS DANIELA E NIKOLÁS!!!!

 Hoxe  tivemos unha dobre celebración, por un lado o aniversario da nosa amiga e compañeira Daniela, que neste día cumpriu 5 aniños  e polo outro do noso amigo e compañeiro Nikolás, que o 28 de Marzo cumpriu tamén a mesma idade. 

Pasámolo moi ben nunha festa chea de ranitas locas, a canción preferida de Niko e de maripositas a canción favorita de Daniela, ademais de outras que fixeron que gozaramos dunha festa rachada.

Moitos parabéns Daniela e NiKolás!!!Que sexades moi felices!!!💜💚💙💖


lunes, 5 de abril de 2021

COCIÑANDO NAS VACACIÓNS

 QUERIDAS FAMILIAS, NENAS E NENOS:

CON TODAS E TODOS VÓS NAIRA QUE NOS ACHEGA UNHA SABOROSA RECEITA DE MADALENAS DE PASCUA.

QUE GRAN COCIÑEIRA ESTÁS FEITA NAIRA!!! TÓMADE BEN NOTA PORQUE TEN UNHA PINTA ESTUPENDA, PARA CHUPAR OS DEDOS!!!🍴🍴😘😘

MOITISÍMAS GRACIAS NAIRA E FAMILIA!!!


domingo, 4 de abril de 2021

COCIÑANDO NAS VACACIÓNS

 QUERIDAS FAMILIAS, NENAS E NENOS!!!

VELAQUÍ OS DOUS VÍDEOS DE ISAAC LEVANDO A CABO O RETO DE COCIÑAR NESTA SEMANA SANTA.

POR UNHA BANDA OFRÉCENOS COMO MENÚ UNHA FLOR TARTA E POLO OUTRO GALLETAS DE ANIMAIS. MIRADE E IDE TOMANDO NOTA, SEGURO QUE ESTÁN SUPER RICAS, PARA CHUPARSE OS DEDOS!!! 🍴🍴😍😍


MOITÍSIMAS GRACIAS ISAAC E FAMILIA!!!




COCIÑANDO NAS VACACIÓNS

 QUERIDAS FAMILIAS, NENAS E NENOS!!! 

NIKO E MAIS LUCÍA ATREVÉRONSE CO RETO DE COCIÑAR NESTA SEMANA SANTA. 

POR UN LADO NOS OFRECEN COMO MENÚ O ROSCÓN NIKOLÁS E POLO OUTRO A TARTA CESTA DE PASCUA DE LUCÍA.

MIRADE E TOMADE NOTA DESTAS RECEITAS DE SEGURO QUE ESTARÁN DELICIOSAS, PARA CHUPAR OS DEDOS!!!🍴🍴😍😍

MOTÍSIMAS GRACIAS NIKO, LUCÍA E FAMILIA!!!!




jueves, 1 de abril de 2021

AS EMOCIÓNS E O TEMPO

Na nosa aventura diaria da aprendizaxe, estivemos a traballar coas profes Raquel e María José as emocións e a súa relación co tempo atmosférico. Como sabemos o clima inflúe no noso estado de ánimo e nas cousas que facemos ou que nos apetece facer. 

Cando estamos contentos, tristes, enfadados, en calma... sabedes que tempo vai? Mirade este vídeo e podedes descubrilo.🌞🌈☔⛅⛄

Moitas gracias profes por estar con nós día a día e acompañarnos nesta aventura!!!!😍😍




SAÍDA AO FESTIVAL DE CINE

  O venres 18 de xuño saímos cara o cine de Leiro, a ver as curtametraxes do noso festival. 😎😎 Fomos todas e todos as nenas e os nenos de ...