jueves, 13 de mayo de 2021

LETRAS GALEGAS

 Onte festexamos no cole o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Xela Arias. 

Unhas das moitas actividades que realizamos para esta conmemoración foi a elaboración dun rap sobre a lingua galega. Durante días estivemos a traballar nel, a letra, a música, o ritmo e sentir, ensaio tras ensaio que eramos auténticas e auténticos estrelas do rap.

Chegou o día, estabamos preparadas e preparados, pero tamén un pouco nerviosas e nerviosos, e como as pequenas estrelas que somos saímos ao medio da pista e démolo todo, facendo sentir aos demais a nosa enerxía e luz.

Como mestra teño que dicir que ano tras ano, pasando por moitas escolas, as cativas e cativos me sorpenden e me enchen coa súa xenerosidade, pero despois destas letras galegas vos digo miñas alumnas e meus alumnos que non podo estar máis orgullosa, gracias por darme e ensinarme tantas cousas bonitas. 

Falemos galego!!! Así se titula o noso rap,  se pinchades na imaxe podedes acceder e desfrutar todas e todos vós do vídeo que nos editou a profe Ana, moitas gracias profe por axudarnos e achegarnos tanto!!!!

Desfrutade da actuación como o fixemos nós en directo!!!



Ademais neste día puidemos gozar e ver as marabillosas actuacións do resto das nenas e nenos do noso cole que tamén fixeron o seu rap e interpretaron "Contos ao teléfono" libro traducido por Xela Arias, estas están publicadas no blog da biblioteca e podedes acceder a ela clicando neste enlace:

Feliz día das letras!!!






No hay comentarios:

Publicar un comentario

SAÍDA AO FESTIVAL DE CINE

  O venres 18 de xuño saímos cara o cine de Leiro, a ver as curtametraxes do noso festival. 😎😎 Fomos todas e todos as nenas e os nenos de ...