domingo, 13 de junio de 2021

MUSEO: PESCUDANDO NO NOSO PASADO

As familias formades parte da nosa escola e xuntos facemos que a eduación das vosas fillas e fillos estea sempre en consonancia. Cando entre todas e todos construímos actividades que nos axudan a descubrir experiencias da vida, estamos achegando as nenas e nenos a un coñecemento que vai máis alá dos contidos e que levan implícita emocións e sensacións que se quedan no recordo.

Moitas gracias a todas e todos pola vosa implicación na escola e por facer posible este tipo de experiencias!!!😍😘

Se pinchades nesta imaxe podedes acceder á publicación feita no blog de cativadas do Irixo no que a profe Ana fixo un magnífico traballo sobre un museo que pescuda no pasado para que analicemos o presente.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

SAÍDA AO FESTIVAL DE CINE

  O venres 18 de xuño saímos cara o cine de Leiro, a ver as curtametraxes do noso festival. 😎😎 Fomos todas e todos as nenas e os nenos de ...