domingo, 2 de mayo de 2021

O MAIO

 O venres día 30 de abril, estivemos a mergullarnos na nosa tradición e costumes a través da actividade da creación dun maio e as diferentes copras que intepretadas, pola nenas e nenos do noso cole, acompañaron nun día cheo de ledicia e festa.

Durante toda a semana gracias a colaboración conxunta das familias, nenas  e nenos, mestres e mestras, demos forma ao noso maio e gozamos de momentos e vivencias que de seguro que recordaremos co paso do tempo. 

As tradicións tanto da zona como do resto da provincia e comunidade fai que as nenas e nenos recoñezan como seu e para elas e eles moitas das costumes e festas que durante anos nos acompañaron aos maiores, e que descubran o seu contorno, para poder sentir que forman parte del.

Se pinchades na primeira foto podedes acceder á publicación feita en Cativadas do Irixo, onde ataparedes un vídeo coas imaxes da elaboración do maio. Ao pinchar na segunda foto veredes as coplas que con tanto coidado e entusiasmo preparon as nenas e nenos, en colaboración coas mestras e mestres.


A continuación deixo o poema de Manuel Curros Enríquez titula do O Maio en Aire da Miña Terra:

Aí vén o maio
de frores cuberto ...
Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.

Pasai, rapaciños,
calados e quedos;
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sonvos o probe
do pobo gallego:
pra min non hai maio,
pra min sempre é inverno! ...

Cando eu me atopare
de donos liberto
i o pan non me quiten
trabucos e préstemos,
e como os do abade
frorezan meus eidos,
chegado habrá estonces
o maio que eu quero ...

Queredes castañas
dos meus castiñeiros? ...
Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos;
un maio sin segas,
usuras nin preitos,
sin quintas, nin portas,
nin foros, nin cregos.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

SAÍDA AO FESTIVAL DE CINE

  O venres 18 de xuño saímos cara o cine de Leiro, a ver as curtametraxes do noso festival. 😎😎 Fomos todas e todos as nenas e os nenos de ...