viernes, 26 de febrero de 2021

PARABÉNS IAN!!

 Hoxe festexamos o aniversario do noso compeñeiro e amigo Ian. Fixemos unha gran festa de Monsters Track, que son os seus preferidos. Pasámolo xenial!! Moitos parabéns para ti Ian, esperamos que tiveras un día cheo de moitas emocións!!! 😘😍🚙🚗





jueves, 18 de febrero de 2021

PARABÉNS EIRE!!!

 Hoxe celebramos o aniversario da nosa amiga e compañeira Eire. O luns 15 foi a data na que cumpriu os 5 anos e hoxe desfrutamos da festa no cole. Pasámolo xenial. Moitos parabéns Eire, desexámosche o mellor para ti!!!!🎈🎉🎊







martes, 16 de febrero de 2021

EXPLORADORAS E EXPLORADORES DO NOSO MONTE

 Durante as anteriores semanas estivemos a traer á escola obxectos realcionados co noso monte. As nosas compañeiras e os nosos compañeiros preguntáronnos sobre o que trouxemos, construíndo un diálogo entre todas e todos.

Se pinchades na seguinte imaxe podedes acceder ao vídeo sobre coas nosas pescudas e entrevistas.



lunes, 15 de febrero de 2021

FESTA DE ENTROIDO

 O pasado venres celebramos no cole unha festa de Entroido. Pasámolo moi ben, bailamos e desfrutamos das amigas e os amigos!!! 

Se pinchades na imaxe podedes ver un vídeo sobre o moito que nos gusta esta festa!!!

  QUE VIVA O ENTROIDO!!!



domingo, 14 de febrero de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 O 11 de febreiro foi celebrouse o día da muller e a nena na ciencia. Ese día  todas e todos nos convertemos en científicas e científicos, e aceptamos o reto da profe Ana. Fixemos un experimento: Neve artificial!!!⛄⛄

Moitas gracias profe Ana por achegarnos estas experiencias tan marabillosas!!! Estamos preparadas e preparados para un novo reto!!!

Se pinchades na seguinte imaxe podedes ver o vídeo do noso experimento publicado en Cativadas do Irixo.



ACTIVIDADE DE ENTROIDO

 Durante a semana de Entroido decoramos un antifaz a partir da actividade "Tira o dado e decora". Seguindo unhas indicacións, cada un de nós lanzou o seu dado, completando o antifaz con debuxos e diversos materiais  . Estas son as imaxes da nosa actividade entroideira!!!








SEMANA DE ENTROIDO

Chegou o venres e tiñamos que vir a escola disfrazados cun traxe espectacular!!!


Eleximos os nosos mellores traxes e así de espectaculares viñemos!!!


Foi un día xenial, pasámolo pipa e fixemos moitas fotos, non só a nosa clase senón tamén as demáis nenas e nenos do cole. Se pinchades na seguinte imaxe podedes velas, estábamos todas e todos impresionantes!!!








SAÍDA AO FESTIVAL DE CINE

  O venres 18 de xuño saímos cara o cine de Leiro, a ver as curtametraxes do noso festival. 😎😎 Fomos todas e todos as nenas e os nenos de ...