domingo, 13 de junio de 2021

MUSEO: PESCUDANDO NO NOSO PASADO

As familias formades parte da nosa escola e xuntos facemos que a eduación das vosas fillas e fillos estea sempre en consonancia. Cando entre todas e todos construímos actividades que nos axudan a descubrir experiencias da vida, estamos achegando as nenas e nenos a un coñecemento que vai máis alá dos contidos e que levan implícita emocións e sensacións que se quedan no recordo.

Moitas gracias a todas e todos pola vosa implicación na escola e por facer posible este tipo de experiencias!!!😍😘

Se pinchades nesta imaxe podedes acceder á publicación feita no blog de cativadas do Irixo no que a profe Ana fixo un magnífico traballo sobre un museo que pescuda no pasado para que analicemos o presente.



miércoles, 9 de junio de 2021

O LIBRO DOS CONTOS E ARTE ANIMAL

 Mirade que libro de contos máis chulo fixemos coa profe María José e a profe Raquel en Relixión e Atención Educativa, para celebrar a semana do libro!!!!📖📖😍😍




Ademais estivemos a traballar a importancia do coidado das nosas mascotas, tendo en conta a inciativa da recollida de penso no noso cole, polo que realizamos unha divertida Arte Animal, da que vos ensinamos a nosa exposición!!! 🐾🐾🐾🐾🐾




Moitas gracias profe María José e Raquel por ensinarnos tantas cousas importantes!!!😘😘




martes, 1 de junio de 2021

DIA MUNDIAL DE LA TIERRA

 El día 22 de abril se celebró el día mundial de la tierra. En la hora de leer con nuestra profe María José trabajamos a partir de un cuento la importancia de cuidar y respectar nuestro planeta. 🍀🌼🌺🌻

En el vídeo que aparece a continuación está nuestro trabajo sobre este tema.

Muchas gracias profe por trabajar con nosotras y nosotros estas cosas tan interesantes!!!😍😘


domingo, 30 de mayo de 2021

CONTOS NO PATIO

Durante estas semanas e aproveitando o bo tempo, a profe Luz, contanos moitas historias no patio da escola.
Nese momento desfrutamos dunha lectura ao aire libre, que nos gusta moito, levando os libros fóra da biblioteca a descubrir outros espazos da nosa escola e escoitando as historias que nos contan nun ambiente sonoro primaveral. 
Moitas gracias profe Luz !!!😘😘





CONTACONTOS: DÍA DO CELÍACO

 Este xoves 27 de maio celebrouse o Día do Celíaco, gracias a dúas representantes da asociación: Gloria e Damaris, o alumnado da nosa escola puido coñercer algo máis sobre este tema dun xeito ameno e participativo.

Na nosa aula estivo Gloria quen a través dunha historia dos Bolechas nos ensinou que lles pasa as persoas celíacas e que alimentos poden tomar.

Se pinchades nesta imaxe podedes acceder ao vídeo e ver cantas cousas aprendemos!!

Moitas gracias!!!!😍😍




domingo, 23 de mayo de 2021

AS NOSAS EXPERIENCIAS

 Todos os días facemos a asemblea, nela comentamos cousas que nos suceden, experiencias, acontecementos importantes... debatimos e preguntamos sobre diferentes situacións.

Na asemblea do venres Sofía falounos dalgo que lle pasou a súa cadeliña. Se queredes saber máis sobre a  historia, non vos perdades o vídeo!!!!😍😍



jueves, 20 de mayo de 2021

CAMPAÑA SOLIDARIA: RECOLLIDA DE PENSO E MÓBILES

 Que marabilla!! Seguimos recibindo máis doazóns de penso e móbiles, desta vez trouxo penso Ian e un móbil Noela:

Moitísimas gracias!!! Seguiremos adiante!!!😍😍😘😘





SAÍDA AO FESTIVAL DE CINE

  O venres 18 de xuño saímos cara o cine de Leiro, a ver as curtametraxes do noso festival. 😎😎 Fomos todas e todos as nenas e os nenos de ...