domingo, 21 de marzo de 2021

21 DE MARZO: DÍA DA POESÍA

 Hoxe é o día Mundial da Poesía. Na aula, en diferentes momentos e na hora de ler coa profe María José, estivemos todo o mes de marzo a ler e traballar coa poesía. 

Un dos libros de poemas que estivemos a ler foi "O Libro dos Bicos" de Xosé Luna Sanmartín. Neste vídeo podedes ver un dos marabillosos poemas sobre os bicos que nos regala este autor na súa obra.

Feliz día da poesía a todas e todos!!!📖



sábado, 20 de marzo de 2021

8 DE MARZO: EL PODER DE LAS ABUELAS

 O 8 de Marzo ademais de falar e homenaxear as nosas mamás, falando sobre os seus superpoderes, tampouco nos quixemos esquecer das outras mulleres que forman parte do noso día a día, as avoas.

Esta actividade fixémola en colaboración coas profes María José e Raquel. Moitas gracias profes!!!!😍😍



Se pinchades na seguinte imaxe podedes acceder ao vídeo publicado en Cativadas do Irixo.

Moitas gracias superavoas!!!! Polos vosos coidados, aloumiños e consellos!!! Sodes as nosas superheroínas!!!💗💜💗





viernes, 12 de marzo de 2021

PARABÉNS ADAM!!!

 Hoxe foi o aniversario do noso compeñeiro e amigo Adam. Cumpriu xa 6 aniños e para celebralo fixemos unha gran festa de Superman, que é a súa personaxe preferida. Pasámolo xenial!! Moitos parabéns para ti Adam , esperamos que tiveras un día cheo de moitas emocións!!! 😘😘😘🎉🎊🎈







martes, 9 de marzo de 2021

PRIMEIRO RETO

 Queridos profes, nenas e nenos: 

Como xa sabedes estivemos a ler o "Diario de Pepe, diario de un confinamiento". 

Unha das hitorias que  nos chamou a atención foi cando Pepe e a súa familia, nun deses días nos que estabamos na casa, sairon  ao balcón e un veciño molón lle dedicou para que bailara a canción "Pepe baila con la escoba".

Estivemos a buscar esa canción por internet e descubrimos que aparecía con varios dos nosos nomes, así que estivemos a bailala. 

Non apareceron todos os nomes pero bailamos igual buscando por nena ou neno. 

Pasamos un momento máxico e moi divertido!!!

Despois ocorréusenos un reto para todo o cole. Estivemos a preparalo e cando Rosa Cerdeira veu a falar con nós sobre o libro, comentámoslle o que estábamos a argallar e pareceulle unha idea moi divertida e interesante.

Por iso se pinchades na imaxe podedes acceder ao vídeo do reto, animádevos a facelo e a pasalo ben!!!

Queremos ser as vosas veciñas e veciños molonas e molóns da aula de 4- 5 anos!!!! 






lunes, 8 de marzo de 2021

8 DE MARZO: EL SUPERPODER DE LAS MAMÁS

O 8 de Marzo é o Día Internacional da Muller. Na nosa escola quixemos homenaxear nun día coma este a todas aquelas Mulleres que camiñan ao noso lado, son o noso apoio, guía e espello. Mulleres que  nos dan calor cando o precisamos, nos consolan, animan e enchen os nosos días de ledicia e tenrura. Mulleres que sempre formarán parte da nosa vida e para nós son superpoderosas. 

Esta é a nosa especial e sentida loubanza as mamás da nosa aula. Moitas gracias a todas!!!

Se pinchades na imaxe podedes acceder ao vídeo publicado en Cativadas do Irixo.




domingo, 7 de marzo de 2021

TRABALLAMOS A CONCIENCIA FONOLÓXICA

 Durante a semana pasada estivemos a traballar a conciencia fonémica, con actividades da páxina Siembra Estrellas. 

Nestes enlaces podedes accader a elas e seguir practicando:

  • Conciencia fonémica: Actividades para traballar os fonemas:


  • Principio alfabético: Asociar fonema- grafema.





DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 O pasado 24 de Febreiro celebramos o día de Rosalía de Castro. Estivemos a coñecer algúns datos da súa vida e poesía. 

Se pinchades nesta imaxe podedes acceder ao vídeo coas actividades que realizamos na nosa aula e cole nese día.



SAÍDA AO FESTIVAL DE CINE

  O venres 18 de xuño saímos cara o cine de Leiro, a ver as curtametraxes do noso festival. 😎😎 Fomos todas e todos as nenas e os nenos de ...