lunes, 10 de mayo de 2021

AUDIO- CUENTO: SIEMBRA UN BESO

La historia comienza así: una pequeña sembró un beso.😘

¿ Os imaginais que se pudieran sembrar los besos?😘

 ¿Cuántos sembraríais? ¿Qué haríais con la cosecha de besos? 😘

Si pinchais en la imagen podeis ver el audio- cuento que realizamos en colaboración con la profe María José para la hora de leer.

¿Os animais a sembrar el vuestro?😘
Gracias profe María José por sembrar con nosotros besos e ilusiones!!!!💗



CAMPAÑA SOLIDARIA: RECOLLIDA DE PENSO E MÓBILES

 Que ben!!! Seguen chegando moitas doazóns de penso e móbiles. Hoxe Eire e máis Cristian trouxeron penso e un móbil para solidarizarse coa campaña.


Moitas gracias!!!! Seguimos sumando máis quilos!!!!😍😍😘😘


domingo, 9 de mayo de 2021

CAMPAÑA SOLIDARIA: RECOLLIDA DE PENSO E MÓBILES

 Un ano máis demos comezo a semana pasada e ata o 21 de xuño, a campaña solidaria de doazón de penso para cans, para a protectora Arume, e de recollida de móbiles en colaboración coa campaña "Movilízate por la Selva" inciativa do instituto Jane Goodall

Toda a información sobre estas inciativas podemos atopala no blog Cativadas do Irixo, onde se nos achega de xeito riguroso o por que, e a importancia de sensibilizar e dar a coñecer ao noso alumnado e familias, o xeito de colaborar e axudar a estas causas que tanto o necesitan.

Se pinchades no seguinte enlace podedes acceder a dita información: 

https://cativadasdoirixo.blogspot.com/2021/05/campana-solidaria-recollida-de-penso-e.html

Na nosa aula a primeira en facer a súa achega foi Rebeca:


Moitas gracias por colaborar!!!!😍😍



viernes, 7 de mayo de 2021

XORNADAS DE SENSIBILIZACIÓN E PREVENCIÓN

 Este mércores día 5 a Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade de Ourense (DISCAFIS- COGAMI), achégouse ao noso cole para levar a cabo unha xornada de sinsibilización e prevención.

Na nosa aula traballaron este tema a través dun conto facendo partícipes as nenas e nenos, sobre a necesidade de adaptar e mellorar a accesibilidade e o mundo as persoas con dificultades.

Se pinchades nesta imaxe podedes acceder ao vídeo sobre esta actividade tan chula.

Moitas gracias Delfín e Tati por facernos pasar unha xornada tan agradable e na que aprendimos moitas cousas!!!! 💗💗



miércoles, 5 de mayo de 2021

ASÍ ES MI CORAZÓN

 Esta é unha actividade que realizamos coa profe María José na hora de ler, o noso propio corazón para levar colgado. Moitas gracias profe por facernos soñar e espertar a nosa imaxinación!!!!💙💚💛💜💓



martes, 4 de mayo de 2021

A CAIXA DOS BICOS

 Mirade que actividade máis chula fixemos coa profe María José na hora de ler!!!! Moitas gracias profe por traernos estas experiencias tan fermosas!!!💜💚💙💛💓



domingo, 2 de mayo de 2021

O MAIO

 O venres día 30 de abril, estivemos a mergullarnos na nosa tradición e costumes a través da actividade da creación dun maio e as diferentes copras que intepretadas, pola nenas e nenos do noso cole, acompañaron nun día cheo de ledicia e festa.

Durante toda a semana gracias a colaboración conxunta das familias, nenas  e nenos, mestres e mestras, demos forma ao noso maio e gozamos de momentos e vivencias que de seguro que recordaremos co paso do tempo. 

As tradicións tanto da zona como do resto da provincia e comunidade fai que as nenas e nenos recoñezan como seu e para elas e eles moitas das costumes e festas que durante anos nos acompañaron aos maiores, e que descubran o seu contorno, para poder sentir que forman parte del.

Se pinchades na primeira foto podedes acceder á publicación feita en Cativadas do Irixo, onde ataparedes un vídeo coas imaxes da elaboración do maio. Ao pinchar na segunda foto veredes as coplas que con tanto coidado e entusiasmo preparon as nenas e nenos, en colaboración coas mestras e mestres.


A continuación deixo o poema de Manuel Curros Enríquez titula do O Maio en Aire da Miña Terra:

Aí vén o maio
de frores cuberto ...
Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.

Pasai, rapaciños,
calados e quedos;
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sonvos o probe
do pobo gallego:
pra min non hai maio,
pra min sempre é inverno! ...

Cando eu me atopare
de donos liberto
i o pan non me quiten
trabucos e préstemos,
e como os do abade
frorezan meus eidos,
chegado habrá estonces
o maio que eu quero ...

Queredes castañas
dos meus castiñeiros? ...
Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos;
un maio sin segas,
usuras nin preitos,
sin quintas, nin portas,
nin foros, nin cregos.





SAÍDA AO FESTIVAL DE CINE

  O venres 18 de xuño saímos cara o cine de Leiro, a ver as curtametraxes do noso festival. 😎😎 Fomos todas e todos as nenas e os nenos de ...